All American Entertainment Named to Inc. Best Workplaces in 2022. Read more
Fee Range:Please Contact
Availability:Please contact
Genre:rock
61.4KScrobbles
12.7KListeners

Ataque Escampe é grupo de rock acústico formado no ambiente universitario da cidade de Santiago de Compostela por rapaces de diferentes zonas do país contra o remate do ano 2001. Nese momento os seus seis membros, Samuel, Pablo, Álex, Dani, Miguel e Roi, comezan a ensaiar de xeito irregular na residencia universitaria do Monte da Condesa, ademais de gravar con pésimos medios (por exemplo, cassette) temas de corte folk-rock (o laúde e o violín aparecían ao lado da guitarra eléctrica) que a nivel letrístico unen o experimentalismo con elementos de temática bravú.

A mediados do 2002 o grupo, con cinco membros, Samuel, Álex, Miguel, Roi e Estevo, principia a dar concertos (entre os que destaca o celebrado no Coliseo Noela de Noia con motivo do 1º concerto expansivo Nunca Máis organizado por Burla negra, e no que, segundo os propios Ataque Escampe recoñecen, evidenciaron unha grande falla de rodaxe musical).

O conxunto tamén grava unha maqueta con mini-disc na que xa se vai albiscando o seu estilo actual, ao apareceren por vez primeira un son acústico e sucio, certo eclecticismo e unhas letras irónicas que comezan a afastarse da inmediatez do bravú.

Transcorren logo dous anos de traxectoria discontinua (2004 e 2005) debido á dispersión xeográfica dos compoñentes do grupo, que non deixan porén de compoñer temas e gravar algunhas maquetas sen excesivas pretensións.

A actividade regular de concertos é retomada por AE con catro membros, Samuel, Álex, Miguel e Roi, en 2006. Ese ano supón un ponto de inflexión na traxectoria da formación, xa que obtén algo de relevancia ao gañar co tema "Afganistán Canto" o I Premio de canción de autor Utopía Son, celebrado no Café Uf de Vigo.

Formación habitual durante o ano 2006: Álex, Samuel, Miguel e Roi.O 2007 é un ano cargado de acontecementos para o grupo. Por unha banda, editan o seu primeiro traballo, que nun principio, polos escasos medios e tempo cos que é realizado, non conciben para a publicación, senón coma maqueta para presentar aos locais e conseguir concertos.

Trátase de Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, un disco publicado en formato electrónico e baixo licenza Creative Commons en A Regueifa Plataforma, e no que unha parte dos temas son de estudo e a outra un directo gravado con mini-disc no Café Uf.

Nese mesmo ano, ademais de seren seleccionados para a Rede Galega de Música ao Vivo e realizar a Xira Bela Lugosi 2007, participan no disco-tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, editado conxuntamente pola Regueifa Plataforma, Falcatruada e Lonxa Cultural e que reúne a todo o panorama de grupos novos dos últimos anos.

Nese disco versionan a canción do ferrolán "Para che falar de amor", que interpretan tamén no programa homenaxe do devandito músico, "Saudade de ti", na TVG. A finais de ano prodúcense cambios na formación: Samuel causa baixa temporal e entra como novo membro permanente Marco, que enriquece substancialmente o abano de posibilidades sonoras do grupo.

Finalmente, Ataque Escampe acada o 1º Premio do Gz Crea 2007 na modalidade de música, coas cancións "Tango do sintasol" e "Ana e o caracol".A principios de 2008 incorpórase á banda un novo membro, Paq.

En marzo publícase o primeiro traballo longo de Ataque Escampe no selo A Regueifa Discos, tanto en formato físico como en edición dixital. O seu título, Galicia es una mierda, é decidido nunha enquisa aberta na páxina web da banda.

Coa Xira A invención da pólvora 2008 o de novo sexteto presenta o disco por toda Galiza. O grupo grava tamén dous temas soltos: "Unha tarde no zoo" (para o concurso A polo Ghit da Radio Galega) e "Ningún lugar seguro (GalegoZ Remix)", este último canda algúns dos membros de GalegoZ.

A finais de 2008 editouse o EP Galicia es una fiesta, onde Marcos Payno remesturou cinco temas do disco Galicia es una mierda.En 2009 entra no grupo Lois, que incorpora os teclados na formación. Amais, Roi cambia o caixón flamenco pola batería electrónica.

O resultado, un son máis sofisticado que se fai patente no LP A grande evasión, publicado en maio dese mesmo ano.ESTILOO estilo de Ataque Escampe, autodenominado "rock de serie b" pola precariedade de medios na que comezaron e tamén por certo antivirtuosismo, ten coma alicerce o rock acústico e o folk-rock estadounidense, sendo Neil Young, Violent Femmes ou Micah P.

Hinson algunhas das súas referencias, xunto a grupos de pop-rock estatal coma Los Enemigos ou Antonia Font e a formacións galegas coma Os Resentidos ou a Psicofónica de Conxo. Porén, o grupo realiza tamén incursións noutros estilos coma o punk ("I will turn"), o vals ("Tres cantos a Lenin") ou o tango ("Tango do sintasol").

As letras do grupo caracterízanse pola súa estreita relación coa literatura ("Afganistán canto"). Nelas tamén están presentes o pouso xeracional ("Galicia es una mierda") e a vontade de experimentación lírica ("Ourizo").

Ataque Escampe performs rock music and can be booked for (private) corporate events, personal appearances, or other music performances. The estimated booking fee range to book Ataque Escampe for your event, Please Contact. Ataque Escampe has more than 12.7K listeners worldwide and really knows how to entertain your audience. Similar artists are   . Contact AAE Music agency for ratings, reviews, videos and information on scheduling Ataque Escampe for an upcoming event.

This website is a resource for event professionals and strives to provide the most comprehensive catalog of popular musicians and bands to consider for performances at corporate events, fundraising galas, or university events. A listing or profile on this website does not imply an agency affiliation or endorsement by the talent.

All American Entertainment (AAE) exclusively represents the interests of talent buyers, and does not claim to be the agency or management for any artist or celebrity on this site. AAE Music is a talent booking agency for paid events only. We do not handle requests for donation of time or media requests for interviews, and cannot provide celebrity contact information.

If you are the talent, and wish to request removal from this catalog or report an issue with your profile, please click here.

The 2022 Speaking Industry Benchmark Report
This is a standard notification.

Report an issue with my profile

Please use this form to report an issue with your artist profile or to request removal from our online catalog.

Leave your message and contact information below. We will send you a confirmation message or reach out if we have questions.

    Please update my profile
    Please delete my profile